O xurado do xuízo polo crime de Samuel Luiz delibera xa sobre a partipación dos cinco acusados na malleira que lle custou a vida ao mozo. Este luns a xuíza, en coordinación coas partes, redactou o texto sobre o que se deberán pronunciar os membros do xurado.
-A Fiscalía confirma que vai recorre-la sentenza do accidente do tren Alvia na que ademais de o maquinista, se condenou, en contra do seu criterio, e ó ex-director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte.
-O BNG non vai apoiar os presupostos do Concello da Coruña para o ano que vén. Pero o Goberno local non renuncia a elaborar unhas novas contas e contempla tódalas vías para sacalas adiante, entre elas formular unha cuestión de confianza.
-Propietarios de terreos do parque natural Fragas do Eume manifestáronse onte diante do Parlamento galego, esixindo unha compensación xusta polas limitacións de uso das súas parcelas
Escuchar audio