Milleiros de persoas encheron en Santiago a praza da Quintana para esixir cambios á Xunta cos que reverter a actual situación do galego. A plataforma Queremos Galego esixe entre outras cousas a derrogación do chamado decreto do bilingüismo co que se iniciou o declive da lingua.
E este luns temos varias citas nos tribunais: na Coruña é o momento para o xurado que comezará a deliberar sobre a culpabilidade dos acusados pola morte de Samuel Luis; constitúese en Ourense outro xurado no inicio do xuizo polo coñecido como crime de Velle, e, en Madrid, cita de Sito Miñanco na Audiencia Nacional.
As estradas deixanon unha víctima mortal. Un home morreu nun accidente en Quiroga. O coche que conducía saiuse da vía en Vilarmel e caeu por un desnivel de 80 metros. O coche foi atopado onte, pero crese que o sinistro xa tivo lugar o sábado.
Deportes. O Deportivo caeu en Almería. A primeira derrota desde que Gilsanz colleu a dirección do equipo.
O tempo. Hoxe aínda continuamos baixo a influencia das altas presións, aínda que irá entrando aire frío nas capas altas da atmosfera que deixará algo de inestabilidade.
Na portada tamén, información de servizo. Dentro duns minutos, a partir das oito, e ata o martes que vén córtase de novo o viaduto do Castro da A6 sentido Madrid, o que obriga durante unha semana a desviar o tráfico polo centro de Pedrafita.
O corte é preciso para rematar o asfaltado e a execución das xuntas de dilatación dos viadutos entre os kilómetros 431 e 430 no treito que une as provincias de Lugo e León.
Así, durante os vindeiros días os condutores que viaxen sentido Madrid terán que abandonar a A-6 entre os kilómetros 432 e 422; é dicir, terán que volver atravesar Pedrafita e circular pola vella Nacional Sexta.
O carril que se corta esta semana é o que entrou en servizo hai case un ano, en decembro de 2023.
Escuchar audio