Galicia perdeu case 2.500 empregos en outubro, e o número de parados subiu en 1.222 persoas. Mentres a Xunta destaca que en termos interanuais a evolución do mercado laboral é positiva, os sindicatos insisten no incremento da precariedade e na caída das afiliacións á Seguridade Social. Tamén en que a tendencia é contraria á do conxunto do estado. Máis dun 70 por cento dos desempregados corresponde ó sector servizos...
De política industrial falábase esta mañá no parlamento. A conselleira María Jesús Lorenzana anunciou que antes de fin de ano sairán a convocatoria pública os concursos pra asignar 60 dereitos mineiros caducados. Tamén anunciou que os promotores eólciso deberánasinar acordos con empresas galegas cando menos polo 50% da enerxía producida
- O Partido Popular tombou unha iniciativa do BNG que demandaba para a atención primaria unha cuarta parte do orzamento total de Sanidade.
Denuncia que, cun 12 por cento, Galicia é xunto a Madrid a que menos cartos destina á primaria.
- O pleno do Parlamento gardou un minutos de silencio polas víctimas da riada de Valencia.
Os grupos aprobaron unha declaración institucional na que demandan o esforzo de tóda-las administracións para dar resposta as necesidades dos afectados.
- A autopsia de Samuel Luis demostra que a vítima non se defendeu da agresión.
Os médicos forenses declararon no xuizo que morte foi causada pola acumulación de golpes.
- A familia de Nerea Añel considera insuficiente a condena o noivo pola morte da moza.
Tras ser absolto nun primeiro fallo, agora a Audiencia provincial condenou a Julio González a dez anos de cárcere
- O tempo. Aínda con abundante nubosidade, pero con temperaturas máis altas, por riba dos 20 graos. MeteoGalicia, Alberto Romero, boa tarde
Escuchar audio