Nun día no que boa parte da sociedade galega quere axudar ós afectados pola DINA, recollemos hoxe un chamamento das autoridades e as ONG. Suspéndense as recollidas que estaban a organizar os concellos. A petición dos que están sobre o terreo é que se canalice ese apoio a través de doazóns económicas que se gastan na zona e no que de verdade fai falla pra atende-la crise en cada momento. Sí son benvidos os medios técnicos e profesionais, coma militares, bombeiros, persoal de protección civil ou policías que se están a desprazar dende distintos puntos de Galicia
- O BNG acusa á Xunta de incorrer nun engano sistemático ó divulga-las cifras dos Orzamentos.
Sosteñen que leva anos anunciando investimentos millonarios que despois non se executan.
- Unións Agrarías alerta da aparición de brotes de flavescencia dourada en viñedos abadonados.
Este sindicato pide a actuación da Xunta pra identificar ós propietarios e non poñer en peligro a próxima vendima.
- Segunda xornada de folga dos traballadores do Concello de Ourense.
Despois de meses de conflicto, a xunta de persoal non tivo ningún contacto co alcalde para reconducir a situación
- As persoas con dano cerebral reclaman máis recursos especializados.
Hoxe trasladaron as súas demandas á Valedora do Pobo. Entre elas está tamén promover a vida independente e o emprego das persoas con esta discapacidade.
- O tempo. Hoxe máis cuberto e chuvascos na metade sur
Escuchar audio