Un informe desfavorable do ICOMOS supón un novo revés para a Ribeira Sacra na súa carreira cara ao Patrimonio da Humanidade. O Consello Internacional de Monumentos e Sitios desaconsellou a súa inscrición, pero ao ser un ditame non vinculante, a última palabra tena a UNESCO. Ante isto, a Xunta de Galicia e o Goberno central xa confirmaron que manterán firme a defensa da candidatura.
A Marcha Mundial das Mulleres demanda á Inspección Educativa que tome medidas urxentes no Instituto ourensán Xulio Prieto Nespereira ante os casos de violencia machista que o colectivo denuncia nese centro.
E no tempo da entrevista falamos dunha historia de tolerancia á que Lucía Belarte e David Lorenzo poñen texto e ilustracións no seu libro "A panadería", publicado pola editorial Kalandraka.
Escuchar audio