As obras para reformar a estación de tren da Coruña encaran a súa recta final...A partir deste venres os traballos provocan un novo mes de cortes no servizo ferroviario que afectará de xeito importante ós usuarios da provincia.
Ata o 10 de xullo Renfe substitúe parte das viaxes en tren por autobuses, os cambios desenvolveránse en dúas fases...
Ata o 25 de xuño afectará ós trens rexionais e á media distancia, o segundo tramo suporá o peche total da estación
-A plataforma de veciños afectados pola reapertura da Mina de Touro-O PIno denuncia que a Xunta está a vulnerar os dereitos de centos de veciños da zona, ó denegar a condición de parte interesada no expediente de aprobación do proxecto mineiro de Cobre San Rafael.
-A poucas horas de que o Papa León XIV aterre en España, coñecemos que dende a catedral de Santiago lle van regalar o primeiro exemplar dunha nova edición facsimilar do Códice Calixtino. Onte foi presentado polo arcebispo de Santiago .
-A Selección española de futbol empatou a UNS fronte a Iraq en Riazor este xoves, no penúltimo encontro antes do Mundial. A esta hora embarcan en Lavacolla cara terras americanas
Escuchar audio