Despois dos centros de saúde, o problema da calor en Ourense afecta agora á policía local que denuncia que nalgúns centros como na Xefatura da rúa Victoria Kent, traballan a 28 graos durante a madrugada. Por iso, veñen de denunciar ó concello que debe arranxar o sistema de refrixeración necesario para poder continuar cunha actividade que se leva a cabo nesa oficina as 24 horas do día.
Hoxe comeza a Programación do Orgullo 2026 en Ourense promovido pola Asociación Cultural A Galleira, a través da súa Comisión de Sexodiversidade. A Galleira quere revindicar, un ano máis, "a autoxestión de espazos sociais e culturais que lles permitan vivir libres e seguros". A Asociación afirma ademais querer festexar un orgullo autoxestionado e afastado dun goberno local que non apoia a diversidade.
E o noso tempo de entrevista dedicámosllo hoxe ás celebracións na cidade de Ourense polo ascenso a Primeira Federación da Unión Deportiva. No relato de Alba Gómez falarán un dos xogadores, o presidente da UDO, Javier Orbán, e o entrenador Borja Fernández.
Escuchar audio