A automoción galega acolle con entusiasmo a instalación en Ferrolterra da fábrica de SAIC Motor. Agardan que poida beneficiar as 200 compañías auxiliares.
Os sindicatos pídenlle á Xunta que negocie coa multinacional para garantir que non será só unha planta de ensamblaxe de pezas.
Para o concello de Ferrol a chegada do xigante chino é un recoñecemento ás capacidades industriais, loxísticas e profesionais da zona.
- Continúa na Coruña o xuízo pola morte violenta de Yoel Quispe na Coruña Noiteboa de 2023. Unha testemuña manifestou este martes que o autor confeso da agresión mortal lle pediu a navalla a outra persoa.
-A plataforma polo Dereito á vivenda e o sindicato de barrio de Falperra denuncian a situación da vivenda na Coruña. Sinalan que cada vez alugar é mais complicado pola alza de prezos e a expansión dos pisos turísticos. Convocan unha manifestación para este sábado.
-O persoal de limpeza dos colexio públicos de infantil e primaria de Santiago anuncia unha nova xornada de folga para o 16 de xuño. Foi durante o paro celebrado este martes no servizo
Escuchar audio