O xigante asiático da automoción, SAIC, elixe Ferrolterra para instalar a primeira planta de producción de coches eléctricos da marca MG do continente europeo.
Os datos: 200 millóns de investimento, 2.300 empregos, e 120 mil vehículos ó ano.
A Xunta vén de declarar o proxecto de interese estratéxico...e prevé que comece a producir en 2028.
- Na Coruña, hoxe continúa o xuízo pola morte de Yoel Quispe, acoitelado na Noiteboa de 2023 na rúa Juan Flórez. Despois de máis de dous anos de loita, a familia conseguiu que o caso se xulgue como asasinato.
-A provincia da Coruña concentra o 47 por cento do alumnado que se presenta ás probas da antiga Selectividade hoxe en Galicia. Estarán repartidos entre A Coruña, Santiago, Ferrol, e Cee. En 15 minutos, ás nove, terá lugar a presentación das probas, e ás dez o primeiro exame: lingua castelá e literatura.
-Nova xornada de folga esta martes no comercio vario da provincia, cadrando coa reunión en Madrid para ratificar o preacordo para un convenio estatal acadado a pasada semana. Tamén este martes segunda xornada de folga do persoal de limpeza dos colexios públicos de Santiago
Escuchar audio