Contentos, pero prudentes. Así sairon os representantes do sector pesqueiro que acudiron a Luxemburgo para defender os seus argumentos contra a prohibición da pesca de fondo en 87 áreas mariñas: expuxeron o nulo impacto do palagre dirixido á pescada e a caída das capturas. A vista oral de onte é a parte final do procedemento.
Aquí, en Santiago, o goberno local urxiu á Xunta a propoñer unha taxa turística en Santiago. A cidade soporta, segundo o estudo encargado á universidade, unha maior presión que cidades como Barcelona ou Sevilla.
E, a Xunta deberá modificar a orde que regula as axudas para libros porque discrimina ós discapacitados dependendo do tipo de colexios que escollan.
Deportes. Jessica Bouzas avanza en Wimbledon tras derrotar á española Cristina Bucsa. Mañá ten unha dura rival a checa Barbora Kreicikova, que xa gañou un Gran Slam
O tempo. A última hora deste venres vaise notar un aumento das nubes. Agora todo igual
Escuchar audio