Na Coruña, concluída a segunda xornada de folga no servizo da recollida do lixo na Coruña, as bolsas con refugallos seguen polas rúas da cidade. Os traballadores desbotaron, de novo, acudir á convocatoria por considerar abusivos os servizos mínimos
- PP, Unidos por Sada e PSOE forzan a convocatoria dun pleno extraordinario dedicado en exclusiva a contratacións.
-O Concello das Pontes estuda a documentación aportada por Endesa para autorizar a demolición da planta. Prevén dar unha resposta nuns días.
-En Santiago, o bus urbano seguirá chegando a Os Tilos, en Teo. O goberno local someterá á aprobación do pleno unha prórroga do convenio asinado co concello veciño e máis coa Xunta
Escuchar audio