Miserable. É a palabra que emprega o Foro Galego da Inmigración pra definir a resposta que está a dar a Xunta na acollida de menores migrantes. Mañá luns é a data prevista pra que se inicien os trámites pra derivar a Galicia os 28 rapaces comprometidos o ano pasado.
Falamos tamén de sanidade, o SERGAS afronta o verán co reforzo voluntario nos centros de saúde de máis de 100 Mires que están a piques de rematar a súa formación, sempre que estén supervisados. Pero no rural, centros de Atención Primaria como o de Currelos, no Saviñao, seguen pechando polas vacacións dos facultativos.
No espazo da entrevista, conversamos con Eloy García, presidente da asociación Conxemar, que fai un balance dos dous anos que leva ao mando da entidade
Escuchar audio