A Xunta sae insatisfeita da reunión do Consello de política fiscal e financeira: porque non se concretou a cantidade que vai recibir Galicia no reparto das entregas a conta; discrepa do obxectivo de déficit; e, non houbo avances sobre un novo modelo de financiamento.
Hoxe é día do Carme con celebracións na maior parte das vilas mariñeiras.
E como cada ano nesta data vaise celebrar na escola naval militar de Marín a xura de bandeira e entrega de despachos ós novos oficiais. Este ano coa presencia do Rei don Felipe, a raiña Letizia e a infanta leonor.
E temos que lamentar un novo accidente mortal nas estradas. Un motorista de 67 anos faleceu tra-lo choque contra un turismo no concello ourensán de Beariz.
O tempo, hoxe aínda con abundante nubosidade....sobre todo na metade oeste.
Escuchar audio