Esta noite arderon de novo varios contedores de lixo no barrio coruñés de Labañou e os residuos segue amoreados. Así as cousas todo fai supoñer que nuns minutos a alcaldesa declarará a emerxencia sanitaria para encargarlle outra empresa a limpeza das rúas. Mañá hai convocada outra xornada de folga que a partir do domingo será indefinida.
Hai unha hora saiu de Vigo o primeiro tren Avlo dos que diariamente van operar desde A Coruña e Vigo con Madrid.
Os mariscadores do fondo da ría de Pontevedra volve hoxe ós areais: comprobarán se hai unha recuperación dos bancos e, en Burela, a plataforma en defensa da pesca decide se acorde ó Constitucional despois de que o Tribunal Supremo rexeitara a súa demanda contra os plans para a instalación da eólica Mariña.
Escuchar audio