Nova visita a Galicia do ministro de transportes, Óscar Puente, nunha viaxe en probas dos trens Avril, que dende o martes permitirán viaxar en alta velocidade dende Madrid ata as principais cidades galegas. Redúcense con eles os tempos de viaxe, e tamén aumentan as prazas dispoñibles en cada un, aumentando a oferta, á que se sumarán en breve os trens AVLO de baixo custo, segundo o ministro. Ata primeiros de outubro serán 8 servizos diarios con Avril: dúas idas e dúas vidas dende A coruña e dende Vigo. Todo condicionado por unhas obras en Chamartín, en Madrid, que cando rematen abrirán paso a unha reordenación de viaxes e frecuencias. Esta viaxe cargada de autoridades remataba na Coruña onde o ministro anunciou a creación dun grupo de traballo pra avanzar nos investimentos europeos do Corredor Atlántico Ferroviario, boa parte pra Galicia.