Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,273 episodes available.
May 14, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 14/05/24Polémica entre o Deportivo e o concello da Coruña tra-lo ascenso a Segunda. O Xlub acusa ao goberno de Inés Rey de poñer en perigo o seu futuro no fútbol profesional. Hai discrepancias na reforma do convenio de colaboración. -Mariscadores e bateeiros de varias vilas concentráronse onte en Ribeira para esixirlle á Xunta un plan de rexeneración dos bancos.-Pacientes oncolóxicos en fase de revisión e control da área de Santiago pídenlle ao novo conselleiro de sanidade que retire o actual sistema de xestión pra ser citados-Un traballador morreu a pasada tarde en Ribeira ó quedar atrapado baixo un eucalipto.Sucedeu na parte alta da Curota, na parroquia de Oleiros. O accidente tivo lugar nunha zona de difícil acceso, polo que o corpo tivo que ser evacuado en helicóptero...more15minPlay
May 14, 2024Informativo Galicia 7:45 - 14/05/24os mariscadores volveron sair á rúa, neste caso en Ribeira. Esixen axudas e un plan de rexeneración das rías ante a práctica inactividade ou escaso rendemento do traballo.A Xunta pide a transferencias dos medios para poder facer efectiva a lei do litoral.E, en Santiago, os doentes de oncoloxía esixen solución xa ás demoras nras revisións e controis dos enfermos.Deportes. Nin 24 horas deixaron pasar os propieterios do Deportivo e o concello da Coruña para deixar patente as súas diferencias polo uso de Riazor. Diferencias que privaron a afección sen festa en María Pita.O tempo. Vai seguir a inestabilidade e as temperaturas baixas. Tra-lo paso da fronte quedamos nunha situación de chuvascos...more15minPlay
May 13, 2024Informativo Galicia 19:50 - 13/05/24A Xunta dá un paso á fronte para xestionar o litoral de Galicia, e pide formalmente a convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias.Mentres, en Ribeira, os mariscadores concéntranse para pedir a rexeneración das rías.Precisamente nesta localidade morreu esta tarde un traballador ó quedar atrapado baixo un eucalipto.E na Coruña, o Deportivo non asistiu finalmente esta tarde á recepción no concello tra-lo ascenso a Segunda...more10minPlay
May 13, 2024Crónica de Galicia - 13/05/24Os traballadores do mar nas rías de Arousa e Muros Noia volveron hoxe ás rúas. Fixérono en Ribeira, onde reclamaron medidas á Xunta para poñer fin ó devalo continuo de produción dos bancos marisqueiros. Control das verteduras, saneamento das rías, e axudas equivalentes o salario mínimo interprofesional mentres a situación non permita mariscar. Séntense abandonados pola administración ante a grave crise que están a sufrir, con mortaldades case xeralizadas- Ecoloxistas en Acción denuncia unha vertedura de augas fecais procedente das instalacións deportivas do Celta en Mos.Advirten de que na zona están os pozos de extracción das traídas de auga dos veciños de varias parroquias. - Novas accións de protesta no centro loxístico de Zara, en Sabón. Os traballadores realizan hoxe paros para protestar contra a perda de carga laboral e a externalización de servizos- A CIG alerta de ameazas sobre o sector galego da automoción. O sindicato apremia á Xunta a que respalde ó sector e avisa da posibilidade de que o Centro tecnolóxico do coche eléctrico se instale en Portugal. - Na semana das letras galegas, os socialistas avanzan unha batería de iniciativas en defensa do noso idioma. Entre elas unha para apoiar o recoñecemento do galego como lingua oficial da Unión Europea.- O tempo. luns chuvioso e temperaturas de novo baixas...more46minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,273 episodes available.