Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,276 episodes available.
May 13, 2024Crónica de Galicia - 13/05/24Os traballadores do mar nas rías de Arousa e Muros Noia volveron hoxe ás rúas. Fixérono en Ribeira, onde reclamaron medidas á Xunta para poñer fin ó devalo continuo de produción dos bancos marisqueiros. Control das verteduras, saneamento das rías, e axudas equivalentes o salario mínimo interprofesional mentres a situación non permita mariscar. Séntense abandonados pola administración ante a grave crise que están a sufrir, con mortaldades case xeralizadas- Ecoloxistas en Acción denuncia unha vertedura de augas fecais procedente das instalacións deportivas do Celta en Mos.Advirten de que na zona están os pozos de extracción das traídas de auga dos veciños de varias parroquias. - Novas accións de protesta no centro loxístico de Zara, en Sabón. Os traballadores realizan hoxe paros para protestar contra a perda de carga laboral e a externalización de servizos- A CIG alerta de ameazas sobre o sector galego da automoción. O sindicato apremia á Xunta a que respalde ó sector e avisa da posibilidade de que o Centro tecnolóxico do coche eléctrico se instale en Portugal. - Na semana das letras galegas, os socialistas avanzan unha batería de iniciativas en defensa do noso idioma. Entre elas unha para apoiar o recoñecemento do galego como lingua oficial da Unión Europea.- O tempo. luns chuvioso e temperaturas de novo baixas...more46minPlay
May 13, 2024Informativo Galicia 7:45 - 13/05/24Na Coruña arestora aínda se ven moitas camisetas do Depor daqueles que seguiron pola noite celebrando a volta do equipo ó fútbol profesional. Antes celebrárono en Riazor case 32 mil afeccionados que encheron o estadio. As boas noticias na Coruña xa empezaran o venres co ascenso do Basket Coruña á liga ACB... unha categoría que perde o Obradoiro. O Celta aínda non poido certificar a permanencia tras perder co Atlético.á marxe do Deporte, este lus van continuar as protestas dos transportistas de Inditex..denuncia a reducción de carga de traballo.E, as enfermeiras reivindican os seu papel na sanidade pública.O tempo. Unha fronte fría, asociada a unha borrasca centrada ó suroeste de Irlanda, atravesará Galicia durante este día, deixando ceos con abundantes nubes e chuvias, pero as temperaturas mínimas, altas....more15minPlay
May 12, 2024Crónica de Galicia - 12/05/24Manifestación dos traballadores de Zara Loxística na Coruña. Centos de empregados, apoiados polas dependentas, mobilizáronse este mediodía ante o temor de que Inditex estea desviando carga de traballo a outros centros. E recollemos a preocupación das confrarías ante a merma de ingresos que está supoñendo a crise do marisqueo. Algunhas ampliaron expedientes de regulación de emprego que tiñan abertos. Hoxe, día Internacional da ENFERMERÍA, falamos coa secretaria de organización do sindicato SATSE, con Verónica Peteiro, coa que abordaremos os problemas do colectivo. Nos deportes... A Coruña agarda entre a confianza e os nervios o partido no que o Dépor se xoga a súa volta ao fútbol profesional...more31minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,276 episodes available.