Mañá as 9 e media da mañá Alfonso Rueda iniciará o seu discurso de investidura, que vai incluir algunhas propostas ás que agarda que a oposición se sume, porque as considera fundamentais pro futuro de Galicia. Entre as cuestións que abordará, a sanidade, o ensino ou a industria.... as que preocupan ós galegos, porque aspiora a ser o presidente de todos eles, e se perderse en discusións que non interesan a ninguén, dicía Rueda. Unha man tendida que os líderes da oposición dixeron hoxe que tamén é a súa actitude de cara a este debate. Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro, que se estreará como lider do PsdeG na súa intervención do xoves, aseguran que acuden a este debate dispostos a escoitar.