Mentres as administracións e o comité de empresa de Alcoa miran xa cara a venda da fctoría de san cibrao, hoxe a compañía advirte de que ese proceso é incerto, e o que cómpre son medidas de corte laboral... Unha nova proba da mala fe da compañía, pros traballadores, que insisten en que ALcoa é xa o pasado, e hai que mirar ó futuro dunha planta que será viable se se cumpre o firmado. E advirten, se non se cumpren, acabarán coma as da Coruña e Avilés, nos xulgados e condenados.