Xornada de loito en Galicia polo asasinato machista de Andrea, unha moza de 24 anos da localidade de Ribeira. O concello deste municipio decretaba este mediodia dous dias de loito oficial e nuns intres, ás oito , comezará unha concentración en repulsa por este crime. Xa dende a mañá, houbo varias concentracións e minutos de silencio en distintas institucións galegas, parlamento, XUnta, e distintos concellos. Tamén, en Boiro, esta tarde o cadro da conserveira Jealsa lembrou á muller asasinada que traballaba na planta da compañía.