Éthel Vázquez, a conselleira máis veterá, deixa o goberno da Xunta como recolle hoxe o Diario oficial de Galicia. Ata que Alfonso Rueda nomee o novo executivo, primeiro ten que ser investido presidente, el mesmo asumirá as competencias en infraestructuras e movilidade. E é que Ethel Vázquez xa forma parte da mesa do Parlamento: di que afronta con ilusión esta nova etapa, aínda que supón un paso atrás na súa carreira política.Este luns constituiuse o novo Parlamento. Agora deben formarse os grupos e despois o presidente Miguel Santalices, que repite, iniciará as consultas formais pra propoñer ó candidato á investidura, que será Rueda, e a data do debate.O tempo. O martes será unha xornada de transición á espera dunha nova fronte que chegará á noite