Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,304 episodes available.
March 17, 2024Crónica de Galicia - 17/03/24A última hora está no pp. Xa coñecemos os tres nomes que proporá para a Mesa do Parlamento, que se constitúe mará: Miguel Santalices, Elena Candia e Éthel vázquez. Nos vindeiros minutos, tamén falaremos de toda a actualidade política. Recibimos nos nosos estudos á voceira nacional do BNG, Ana Pontón.Polo demais, primeira parada do día e Compostela. o sector da dobraxe audiovisual galega celebra a súa primeira acción de protesta: levan case 20 anos cos soldos conxelados. E iremos ata Barro, onde houbo unha concentración silenciosa en lembranza a Jéssica Méndez, supostamente assinada hai dous anos e cando o xuízo pola súa morte chega á súa fin....more31minPlay
March 17, 2024Entrevista a Ana Pontón en Rne GaliciaEntrevista a Ana Pontón, realizada por Xosé Manuel García, en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve....more16minPlay
March 16, 2024Crónica de Galicia - 16/03/24Vai finalizando a convocatoria da mañá en silleda, e ás catro chegará unha nova quenda de aspirantes a médicos. o recinto feiral acolle hoxe a 1.700 persoas que buscan unha das 160 prazas en xogo no Sergas. Buscan traballar en áreas como pediatría do CHUS, en Santiago, onde veñen de poñer en marcha unha terapia canina pioneira en Galicia. A mañá deixa boas novas para o buque que permanecía encallado en augas de Ribadeo desde o xoves. o barco xa está en porto, foi finalmente na terceira manobra cando se conseguiu liberalo. o mercante Albiz levaba máis de 3 mil toneladas de madeira de eucalipto....more31minPlay
March 16, 2024Entrevista The Rapants - 16/03/24Entrevista al grupo The Rapants realizada por Sergio Pascual....more16minPlay
March 15, 2024Informativo Galicia 19:50 - 15/03/24As informacións de contratacións presuntamente fraudulentas asinadas pola Xunta e unha empresa ligada ó marido da secretaria xeral popular, Paula Prado, seguen a ter reaccións. O BNG pide unha auditoría de todas as compras de material sanitario que realizou o goberno galego na pandemia.Todo nun venres no que rematou o xuízo pola morte de Jéssica Méndez. O xurado terá que deliberar a partir do luns. O acusado pediu perdón á familia, a súa defensa incide en que non houbo intencionalidade no accidente no que faleceu a moza hai dous anos en Barro.E moitos sentiríano pasadas as catro desta tarde: houbo un tremor de 3,7 graos na escala Richter con epicentro en Sarria. Notouse en varios concellos.Ademais dúas persoas resultaron feridas esta tarde nunha saída de vía en Salceda de Caselas. E outro condutor tivo que ser excarcerado do vehículo en Padrón. A furgoneta na que viaxaba saíuse da vía e impactou contra unha árbore.Nos deportes, a selección galega de fútbol xogará a final da Copa das Rexións UEFA tras eliminar a Castela a Mancha....more10minPlay
March 15, 2024Crónica de Galicia - 15/03/24A información publicada nas últimas horas que afirma que unha empresa aumentou sustancialmente as súas contratacinos coa Xunta tras fichar o marido de Paula Prado volve poñer sobre a mesa as dúbidas sobre algúns dos contratos que se fixeron durante a pandemia pra mercar material sanitario. O BNG asegura que eses 38 contratos negociados sen publicidade son só unha mostra das ducias de facturas con escasa información ou sen publicidade que se produciron naquela etapa, e pide unha auditoría pra aclarar calquera dúbida. A secretaria xeral do PPdeG non quixo hoxe responder ás acusacións. Remítese a un comunicado no que as cualifica de difamación, e salienta que esa empresa tamén contratou durante a pandemia con outras administracións....more45minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,304 episodes available.