Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 15/03/24
    Bo día. Cambre formaliza a renuncia e Oscar Garcia Patiño, nun pleno no que se chamou á unión de políticos e funcionarios para desbloquear a situación económica do concello. Hoxe os traballadores da sanidade privada da provincia celebran unha nova xornada de folga. A de onte tivo un seguemento case completo. Piden a reactivación da negociación do convenio. O aparcadoiro da futura estación intermodal da Coruña dobra, praticamente, a súa capacidade. Terá 575 prazas de estacionamento, 225 máis das previstas inicialmente. o concello de Santiago e a Hosteleria compostelá confirman a posta en marcha dunha mesa de diálogo para abordar os problemas do sector. Constituiráse antes do verán.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 15/03/24
    Que pasará cos investimentos previstos polo Goberno en Galicia se orzamentos. o presidente da Xunta cre que, cando menos, abre unha situación deincerteza. O BNG entende que non hai motivo pra incumprir os acordos alcanzadas con motivo da investidura de Pedro sánchez. Fallido intento de rescatar un buque varado a poucos metros do peirao de Ribadeo. E no PSde non haberá primarias pra elexir ó novo secretario xeral. José Ramón Gómez Besteiro é o único candidato. Quedamos nunha zona intermedia entre o anticiclón situado no Mediterráneo e as borrascas atlánticas que deixarán un réxime de ventos de componente sur, o ceo parcialmente cuberto e temperaturas máis altas.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 14/03/24
    A sombra de irregularidades nos contratos ligados á pandemia sitúase sobre San Caetano. Algunhas informacións apuntan a adxudicacións a dedo a unha empresa vencellada á parella de Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG. Tanto ela coma o presidente da Xunta saíron ó paso. De contado escoitamos as explicacións.E a decisión do goberno central de non negociar uns presupostos para este ano está a provocar as críticas do presidente en funcións. Mentres, a delegación do goberno garante os investimentos en Galicia.Todo nun día no que continúan as declaracións no xuízo pola morte de Jéssica Méndez. Peritos da Garda Civil confirman que o acusado maniobrou para que o seu coche impactase co da vítima.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 14/03/24
    No que vai de ano faleceron catro persoas só na provincia de Pontevedra en accidentes laborais. O último na xornada de onte, cando un operario caeu do alto dunha nave cando colocaba paneis fotovoltaicos. HOxe os sindicatos, que celebran un paro de 24horas no sector do naval, reclamaron nas rúas que se fortalezan as inspeccións e sancións no marco da lei de riscos laborais. A patronal do Metal lamenta o falecemento pero pide que non se focalice o problema da siniestralidade laboral neste sector, e salienta o gran esforzo realizado en evitar accidentes.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.