María Pan, número dous de Unión por Cambre e concelleira de economía, é a opción do partido para suceder a García Patiño na alcaldía. Mañá será elixida, previsiblemente, en pleno extraordinario.-Acordo entre o concello de Santiago, a Xunta e a deputación pra por en marcha o parque comarcal de bombeiros. Un proxecto que, lembramos, leva vinte anos bloqueado -A familia de Gregory Funcal recorrerá ao Tribunal SUperior de Xustiza da Galicia a sentenza coñecida a pasada tarde polo apuñalamento mortal do mozo en Santiago en xaneiro de 2023. -As marcas de Inditex, facturaron case 36 mil millóns de euros, que é un 10 por cento máis de vendas, durante o último ano fiscal. Á once e media darán conta de todo os resultados