Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,305 episodes available.
March 12, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 12/03/24Bo día. Aparece un corpo no río Ulla, todo apunta a que se trata do octoxenario de Teo desaparecido en decembro. Ademáis, falece un empresario de Betanzos e a súa familia, nun accidente aéreo nos Estados Unidos. A asociación de pacientes do hospital de Santiago denuncia demoras de máis de oito meses no tratamento e seguimento de doentes de cancro de mamá. O BNG de CEE insta á unta a solucionar o dano medioambiental o Río Castro, en Lires. Máis da metade dos falecidos nas estradas da provincia o ano pasado non levaba posto o cinto de seguridade....more15minPlay
March 12, 2024Informativo Galicia 7:45 - 12/03/24O Consello de Contas detecta tamén numerosas irregularidades na compra de material sanitario durante a pandemia por parte dos concellos. En 8 de cada 10 casos escolleuse directamente a unha empresa.En Pontevedra, o acusado de matar a unha moza do concello de Barro proclamouse inocente..dixo que non sabía quen ía dentro do coche contra o que bateu e negouse a facer máis declaracións. Este martes, José Ramón Gomez Besteiro, fará oficial a súa canditura a liderar o PSdeG. Nos próximos días tamén terá que negociar co BNG para que lle ceda un posto na mesa do Parlamento que se constitúe o vindeiro luns.O tempo...Hoxe quedamos baixo influencia anticiclónica. Agardamos un día solleiro e unha suba significativa das temperaturas máximas.Pero a cambio baixaron algo mas mínimas...more15minPlay
March 11, 2024Informativo Galicia 19:50 - 11/03/24O principal acusado pola morte violenta da moza Jéssica Méndez no concello coruñés de Barro en 2022 declárase inocente e acóllese ó seu dereito a non declarar. De contado imos ata a Audiencia Provincial de Pontevedra.Todo nunha tarde na que coñecemos o informe do Consello de Contas que advirte de irregularidades en gran parte dos contratos de emerxencia asinados por concellos e deputacións durante a pandemia da covid.Unha nova que chega a unha semana da constitución do Parlamento galego. O BNG, líder da oposición, xa anunciou as primeiras medidas....more10minPlay
March 11, 2024Crónica de Galicia - 11/03/24Expectación en Galicia ante o cambio de goberno no país veciño. Hai moitos proxectos estratéxicos pra eurorexión Galicia Norte de Portugal que poden sufrir cambios a conta dos seus resultados. Un deles, a conexión de tren con alta velocidade con Lisboa, está nas miras de moitos. O eixo atlántico cre que a victoria axustada do centro-dereita non sería unha ameaza pra esta vella demanda, aídna que a falta dunha victoria clara sí podería adiar a súa posta en marcha. O presidente da Xunta agarda unha colaboración fluida....more45minPlay
March 11, 2024Informativo Galicia 7:45 - 11/03/24Este domingo déixanos dúas mortes nas estradas galegas. Unha moza veciña de Mondariz faleceu por unha saída de vía en Ponteareas e un home atropelado en Arzúa. E hoxe comeza en Pontevedra o xuizo a José Eirín acusado de asasinar a unha muller en Barro ó chocar intencionadamente o seu coche contra o dela. Xa levaba tempo acosándoa.Ferrol foi onte o centro das conmemoracións do día da clase obreira galega e no PSdeG hoxe ponse en marcha o proceso de primarias pra elixir secretario xeral: desde hoxe pódense presentar os aspirantes.Deportes. O Celta cae co Real Madrid e ve como o Cádiz, que marca o descenso, se lle achega a 2 puntos. O Deportivo mantén o primeiro posto na terceira categoría tras empatar en Tarragona.O tempo.Entramos nunha fase de estabiliade tra-las intensas chuvias dos últimos días. Hoxe aínda van predominar os ceos cubertos e aínda pode chover algo...more15minPlay
March 10, 2024Crónica de Galicia - 10/03/24Hoxe é 10 de Marzo. Día da Clase Obreira Galega. Comisións Obreiras e Ciga conmemoran a data na que perderon a vida dous sindicalistas en Ferrol a mans da policía en 1972.O sindicato nacionalista, que convocou actos nas principais cidades da comunidade, segue a pedir a derrogación da Reforma laboral. Pero hoxe tamén puxo o acento en que o resultado das autonómicas do 18 de Febreiro non pode dar carta branca á Xunta do PP para seguir con políticas que a CIG considera prexudiciais para os traballadores.Precisamente no tempo da entrevista a convidada é a secretaria xeral de Comisión Obreiras en Galicia, que participaba esta mañá nos actos convocados polo seu sindicato en Ferrol...more31minPlay
March 10, 2024Entrevista en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve a Dña. Amelia Pérez 10/03/202410 de marzo. Día da clase obreira galega. Xosé Manuel García fala agora coa secretaria xeral de Comisións Obreiras en Galicia....more15minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,305 episodes available.