Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,305 episodes available.
March 14, 2024Informativo Galicia 7:45 - 14/03/24Paro e manifestación no sector naval na ría de Vigo. O motivo, un novo accidente laboral mortal. Os sindicatos achacano ó incremento da actividade das empresas auxiliares e esixen un maior control.O Tribunal Superior paraliza outros dous proxectos eólicos e xa vai unha vintena nas últimas semanas.E pendentes da nova sesión do xuizo pola morte de Jessica Méndez hai dous anos en Barro.Deportes.Claudio Giraldez xa está á fronte do primeiro equipo do Celta. Debuta o domingo en Sevilla. O tempo... unha fronte pouco activa atravesa hoxe Galicia... deixará os ceos cuberto e chuvascos máis probables ó oeste da comunidade. As temperaturas máximas xa non serán tan altas....more15minPlay
March 13, 2024Informativo Galicia 19:50 - 13/03/24Aínda estaba nunha etapa de transición, un ano despois da chegada de Marta Ortega á presidencia, pero Inditex non sufriu perdas, continúa en aumento. Pechou 2023 cun beneficio de 5.400 millóns de euros, unha cifra récord. Sen saír do laboral, a tarde deixa o anuncio do sector naval da ría de Vigo: parará mañá en defensa da seguridade no traballo trala morte dun operario esta mañá nas instalacións dun estaleiro da cidade olívica.Tamén novas xudiciais: a paralización de dous novos parques eólicos; e a decisión da Fiscalía de investigar por falso testemuño ás familiares de José Eirín, o home que está a ser xulgado como presunto autor da morte de Jéssica Méndez....more10minPlay
March 13, 2024Crónica de Galicia - 13/03/24O grupo Inditex, a primeira empresa do mundo do seu sector, e a meirande de Galicia, rexistrou no seu último exercizo un beneficio de récord.... Un 30% máis, tras batir marcas tamén nas vendas. Unha parte deses beneficios de récord destinarase a investimento: 1.800 millóns pra reforza-la cadea loxística da compañía con sede en Arteixo... Tamén haberá recompensas pros inversores en forma de dividendos... Non aclarou o conselleiro delegado se tamén se verán esas melloras nos salarios das traballadoras, pendentes das negociacións da nova patronal do sector que impulsou a multinacional....more45minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,305 episodes available.