O sector eólico, especialmente, pero en realidade calquera sector que teña que pasar por un procedemento de avaliación ambiental, están hoxe preocupados e sorprendidos pola decisión que ven de tomar o tribunal superior galego. Os maxistrados pídenlle ó Tribunal Europeo que aclare quen ten razón, se eles ou o Supremo, sobre cal é a forma correcta de expoñer os proxectos ó público segundo as directivas europeas. Polo medio, normas estatais e galegas que deron unha lectura que ó Tribunal superior non lle parece a correcta. Tras desta decisión, milleiros de millóns en investimentos que poden quedar en suspenso durante máis dun ano, o que tarde Europa en respostar.