Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,305 episodes available.
March 05, 2024Crónica de Galicia - 05/03/24Despois de meses de anuncios e declaracións, chegan os feitos. A fábrica Greenfiber que Altri quere instalar en Palas de Rei ten xa en exposición pública o estudo de impacto ambiental e a declaración de utilidade pública. Prevé investir máis de 900 millóns na súa primeira fase pra fabricar 400 mil toneladas de celulosa e 200 mil de fibra ecolóxica a partir de pasta de madeira. A súa previsión é consumir do Ulla unha cantidade semellante á pasteira de Ence en Lourizán. Datos que preocupan a veciños e ecoloxistas, que estudan o proxecto en detalle pra presentar as súas alegacións. Temen a desaparición de explotacións gandeiras e a contaminación da contorna... e do cauce ata a Ría de Arousa....more45minPlay
March 05, 2024Informativo Pontevedra 8:45 - 05/03/24Xunta e concello de Vigo seguen responsabilizandose mutuamente dos erros existentes que bloquean a aprobación do PXOM. Ámbalas Administracións comprométense a subsanalos para que se poida aprobar o documento, que desde hai anos e anos impide un desenvolvemento harmónico do urbanismo na cidade.Con Óscar González, Aitana Vidal, Pablo Lago e Carlos Jiménez....more15minPlay
March 05, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 05/03/24O concello de Cariño reparte garrafas de auga e activa o camión cisterna: a auga da traída continúa sen poder consumirse. Mentres Cambre, aproba "in extremis" pagar atrasos á empresa de augas, a 12 horas de abandonar o servizo.-Este martes celébrase o xuízo na Coruña contra seis activistas de Ecoloxistas en Acción trala denuncia da cámara oficial mineira que os acusa de intimidación e coaccións.-Veciños do barrio de O Ventorillo, na Coruña, concentráronse a pasada noite fronte a un suposto narcobaixo da zona-Hoxe a Xunta publicará a incoación para declarar BIC (Ben de Interese Cultural) os murais de Urbano Lugrís ubicados nun local da rúa Olmos da Coruña...more15minPlay
March 05, 2024Informativo Galicia 7:45 - 05/03/24O BNG pedirá que se auditen os contratos de compras de material sanitario durante a COVID. O presidente Alfonso Rueda sinala que a oposición quere desviar a atención e aclara que o Consello de Contas xa estudou esas compras e non atopou nada irregular.O PP e a Xunta piden explicacións ó Goberno polo novo retraso na chegada dos trens Avril que estenderínal a alta velocidade máis aló de Ourense.E susto en Tui polo roubo dun coche cun neno de dous anos dentro. A nai baixara a recoller a outro fillo. O coche foi interceptado pouco despois, co menor en bo estado, e detido o conductor...more15minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,305 episodes available.