A fin de semana deixanos un saldo de tres mortes nas estradas galegas, en dous accidentes en Curtis e Ames. Neste último faleceron pai e filla nun choque que se produciu non moi lonxe do seu domicilio. Agora ampliamos datos.Nos próximos minutos imos recoller tamén as queixas das mariscadoras sen traballo e sen axudas.E os partidos políticos con peores resultados nas autonómicas tentan enderezar a situación con relevos na dirección do PSdeG e de Podemos.Deportes.O Celta, aínda que segue marcando o límite co descenso, ten agora 5 puntos de marxe. O Racing cae ó noveno posto en segunda; e, o Deportivo encabeza a terceira categoría tras derrotar por 4-1 ó Lugo en Riazor ante máis de 28 mil afeccinados