Novas restricións no consumo de auga en Cariño pola presenza de trihalometanos, nas parroquias de Cariño e A Pedra. O concello agarda novas analíticas de auga para o próximo luns, e hoxe comezará un reparto de auga embotellada. -Hoxe abre o período de inscrición pro vindeiro curso educativo, no Barbanza hai seis centros que non teñen garantida a súa continuidade. - En Santiago, o novo regulamento das VUT estará listo nos proximos días. ASí o anunciou o goberno no pleno deste xoves ante a presión do psoe local-O concello de Ferrol e o Ministerio de Transporte chocan polo peche da rúa nova de Caranza. O goberno local non autoriza o corte de tráfico previsto pra hoxe nesta rúa, con motivo da demolición do paso elevado de As pías