Este mediodia chegou ao porto de Vigo a patrulleira Petrel que abordou a un veleiro con droga ao oeste das illas canarias. Malia que o veleiro acabou por afundirse a patrulleira trouxo 200 kilos de cocaína. Non son tantos como outras veces que superan a tonelada, pero sí confirma a ruta do atlántico para o transporte da droga. Por iso na operación participaron as máis importantes axencias internacionais dedicadas á loita contra o tráfico de estupefacientes. E noutra orde de cousas, as vítimas do acidente do Alvia non recibiron hoxe unha boa nova, mentras están a espera da sentenza do xuizo polo acidente. A CIAF, a comisión de investigación de acidentes ferroviarios, confirmou que non vai realizar un novo traballo sobre as causas do acidente de 2013.