Durante toda esta xornada de luns estivemos pendentes do reconto de votos do extranxeiro en Ourense. Eran 5.000 ao final pero non cambiaron a maioría do Partido Popular. O PSOE tiña a esperanza de quitarlle un deputado e subir a súa representación na cámara galega a 10 escanos, algo que finalmente non sucedeu e todo queda como o pasado día 18.Mentras o temporal remite e mesmo mañá xa podería non chover. Pero o día deixanos neve nas estradas, con problemas para os camións en Pedrafita, desvíos de avións, trens afectados e mesmo unha ponte derrubada parcialmente por mor das chuvias. Nos próximos minutos dáremoslles conta de éstas e máis incidencias.