Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 26/02/24
    Bo día. A previsión das intensas choivas obrigan a activar o Plan Especial por Risco de inundacións dos rios Mera e Mandeo. o 112 recomenda extrema- las precaucións nas mares destes ríos ao seu paso por Ortigueira, Betanzos e Paderne. A plataforma Xustiza para Unai volve mobilizarse case dous anos despois da morte do mozo coruñés, falecido nun accidente laboral na refinería de Repsol.A asociación Mar de Fábula e os veciños de Camelle esixen que non se deixe esmorecer a casa do coñecido como Man de Camelle. Péchase un capítulo na comarca de Ferrolterra. Esta fin de semana foi inaugurado o monumento ás vítimas do Franquismo no parque Antón Varela de Ferrol.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 26/02/24
    Os sindicatos agrarios galegos sumanse este luns a protesta convocada en Madrid cadrando coa reunión de ministros de Agricultura da Unión europa en Bruxelas. Presionan para que sexa unha realidade o control de prezos, redución da burocracia e cambios nareforma da PAC.Hoxe comeza o reconto do voto emigrante... que como moito podería variar a asignación dun escano na provincia de Ourense.. O PP adxudicouse o último con 112 votos de diferencia cos socialsitas.Deportes. Mala xornada para o Celta, que cedeu un empate tras ir gañado 0-2 en Cádiz, e para o Racing derrotado en Elda e xa suma catros partidos sen gañar. Na primeira federación, o deportivo sumou a sexta victoria consecutiva.O tempo.A borrasca introducirá aire frío e inestabilidade.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 25/02/24
    As organizacións agrarias galegas prepáranse pra manifestación convocada mañá en Madrid. Mentres, o sector sanitario segue en pé de guerra polo deterioro do sistema público. E protesta hoxe do tecido antirracista galego dous meses despois da morte de Henry Casimiro tras ser disparado pola policía.É o máis destacado dunha xornada de tempo aínda inestable, malia a baixada á alerta laranxa no litoral. De feito a Xunta xa activou o Plan Especial ante o Risco de Inundancións pola alta previsión de chuvias pra hoxe
    31 min
  • Crónica de Galicia - 24/02/24
    Primeira reunión do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego tra-los resultados do 18 de febreiro, nunha xornada de manifestacións e protestas sociais, entrelas, en reivindicación da paz en Ucrania. Hoxe cúmprense os dous anos da invasión. Todo nun día de alerta vermella no litoral costeiro. Porén, o 112 non recibiu moitas incidencias orixinadas pola metereoloxía, agás algúns avisos de neve nas estradas, como na A-6 ao paso por Pedrafita en Lugo, ou no concello ourensán de Laza, tra-las nevaradas das últimas horas. Así que se van ao volante, extremen a precaución
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 23/02/24
    A borrasca Louis sacude Galicia. Temos alerta vermella no mar por ondas de máis de 9 metros entre Fisterra e a Mariña. Alerta que se estenderá de madrugada ó suroeste da Coruña e Pontevedra.Tamén destacan as treboadas de sarabia, e unha masa de aire frío que fará baixa-la cota de neve ata os 700-800 metros.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 23/02/24
    Hoxe resulta difícil non falar do tempo en Galicia. A borrasca Louis déixanos unha xornada de moi mala mar, con ondas de máis de 9 metros e alerta vermella entre Fisterra e a Mariña que levaron a declarar o primeiro aviso vermello do ano. Non se pode saír faenar... Ademáis temos treboadas de sarabia, e unha masa de aire frío fará baixa-la cota de neve ata os 700-800 metros. As folerpas xa se van asentando nas zonas máis altas.... Neve que agardan como auga de maio en Manzaneda... Xa hai uns 15 cms e esta noite decidirán se abren as pistas a fin de semana.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.