A empresa que xestiona a mina de San Finx, en Lousame, multada por primeira vez, con 180.000 euros, por verteduras que superan os límites de cadmio, zinc e cobre.-Ames aprobou esta noite os orzamentos máis altos da súa historia, por 32 millóns e medio de euros-O presidente da Xunta en funcións reclámalle ó concello de Santiago que concrete canto antes as súas peticións sobre a taxa turística ou o aparcadoiro do hospital Clínico -O persoal de Alsa Ferrol denuncia a situación na que se atopa o transporte urbano e a imposibilidade de prestar o servizo en condicións de normalidade polas obras en distintos puntos da cidade