Tractoradas tamén na provincia da Coruña. Un dos principiais puntos da mobilización, foi a sede da Xunta en Santiago, onde medio cento de vehículos tratou de rodear o edificio, pero finalmente non puido ser.-Na Coruña, os mariscadores esixen garantías de que terán axudas para sementar na ría do Burgo cando rematen os traballos de dragado a finais de abril. -Medio cento de pais e nais concentráronse este martes á entrada do colexio do Graxal, en Cambre. Esixen maior limpeza das instalacións.-En Santiago, os veciños da rúa Pastoriza resígnanse ó que parece un novo atraso nas obras que comezaron en setembro e que en principio ían rematar en decembro