Conseguirá o Partido Popular a quinta maioría absoluta consecutiva, agora con Alfonso Rueda como candidato, ou Galicia terá, con Ana Pontón, a súa primeira presidenta nacionalista? Os galegos decidimos hoxe que maioría gobernará a comunidade os próximos catro anos.A participación será clave... de momento é inferior a de hai catro anos. Ó mediodía votara o 17 por cento... case chegaba ó 20 nas anteriores elecciónsOs colexios abriron con normalidade, mínimas incidencias. Só houbo retrasos en cinco centros. Nun caso en Vigo faltaba os membros dunha das mesas. Nas que houbo retrasos ampliarase o horario ás oito da tarde.O peche dos colexios, ás oito da tarde, Radio televisión española ofreceralles os resultados dunha sondaxe realizada a través de chamadas realizadas ata ata hoxe.Radio Nacional de España e Radio 5 fai un seguemento das eleccións con información en tódo-los boletíns, outra desconexión territorial ás seis e cinco da tarde e un programa especial, dirixido por Iñigo Alfonso, que se emite desde Santiago para todo España desde cinco minutos antes de que pechen os colexios electorais e ata que se coñezan os resultados das votacións.A pesar de atopármonos en pleno inverno... a campaña electoral desenvolveuse cun tempo primaveral e temperaturas altas. Hoxe mesmo, o tempo non é xustificación pra quedar na casa, aínda que pola tarde vai chover algo.