Últimas horas pra que os aspirantes a presidi-la Xunta de Galicia pidan o voto pras eleccións deste domingo. É o ultimo día de campaña, e os partidos despréganse en nuerosos actos coa presencia de novo de líderes nacionais, con contas pendentes dende as eleccións xerais. O PP pechará os actos na Coruña, con Feijóo. Tamén será na cidade herculina a festa de peche de campaña de Podemos e a de Vox. Santiago acollerá o último mitin do BNG, e tamén o do PSOE, con Pedro Sánchez, e o de SUmar con Yolanda Dïaz e Ada Colau acompañando á candidata. O domingo, terán a voz 2 millóns 700 mil galegos. AInda que case 59 mil galegos xa emitiron o seu voto por correo, e pro preto de medio millón de votantes da diáspora xa pecharon os prazos pra elixir papeleta.