Xusto un mes despois das eleccións, hoxe constitúese o novo Parlamento. E, os candidatos do Partido Popular para tres dos cinco postos na mesa da Cámara xa nos avanznal algo do futuro goberno. Xa sabemos que non repetirá a conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, no posto desde hai dez anos. E tampouco formará parte do novo executivo a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia. As dúas acompañarán a Miguel Santalices no órgano de goberno do Parlmento.Deportes. Debut con triunfo de Claudio Giraldez como adestrador do Celta. Gañou 1-2 en Sevilla e alónxase 5 puntos do descenso. Tamén triunfo, o primeiro de 2024 do Racing, 2-0 ante un dos candidatos ó ascenso, o Real Valladolid.E, importante victoria do Breogán na pista do Baracelona. O tempo. Aumenta a inestabilidade atmosférica coa entrada de aire frío en altura. Pola tarde ploden producirse alguns chuvascos tomentosos, máis probables no interior.