Logo da masiva participación na folga deste martes no sector do metal da provincia...Hoxe mobilízase o persoal civil de Defensa, aquí con 700 afectados. Reclaman un complemento que iguale as súas condicións salariais ós do persoal militar.
Afirman que numerosos traballadores, funcionarios e laborais, viven rozando o limiar da pobreza.
A partir das once percorrerán Ferrol nunha manifestación, na Coruña en Santiago haberá concentracións á mesma hora.
-A CIG denuncia persecución sindical por parte do Hospital Quirón da cidade herculina. Pra esta mañá teñen convocada unha manifestación en apoio a dous compañeiros que foron sancionados pola patronal
- Ás 12, en Noia, a conselleira do Mar asina coa confraría da localidade o convenio de colaboración para a restauración dos hábitats e zonas de produción marisqueira. Conta cun investimento de 1,6 millóns de euros.
-A Liga non autoriza a retransmisión do Valladolid-Deportivo nunha pantalla xigante o domingo na Coruña para seguir o partido no que o club coruñés pode conseguir os ascenso á Primeira. Unha petición do concello que se rexeita por ser, dín, contraria a dereito
Escuchar audio