O plan da Xunta pra axudar o colectivo de maariscadores de Noia non convence ós profeisonais. Menos dunha cuarta parte deles aceptan as condicións pra traballar na recuperación da ría.
O BNG desde Marín acusou á Xunta dunha xestión que está a acabar cunha actividade estratéxica galega.
Hoxe última xornada de paro dos médicos que volverán a repetir a protesta en xuño. E, neste ámbito, este mércores os veciños dos concellos da montaña, denunciaron ante a Xunta en Lugo o deterioro da atención sanitria.
Deportes. Iago Aspas estará un ano máis en activo e hoxe terceiro partido da eliminatoria entre o Basket Coruña e o Menorca. Se gañan os coruñeses estarán na final a catro polo ascenso á ACB
O tempo. Algo máis de inestabilidade, non se descarta algún chuvasco treboento contra a noite. Pero con temperaturas aínda máis altas. practicamente por riba dos 30 graos en toda a comunidade
Escuchar audio