Centos de persoas percorren arestora as rúas de Pontevedra nun berro conxunto contra as celulosas, de contado imos ata a cidade do Lérez.
Nunha mañá na que Vigo vive a primeira xornada de folga indefinida na recollida do lixo a uns días da celebración alí do Día das Forzas Armadas coa presenza dos Reis de España.
As últimas horas deixan unha persoa detida en Vilagarcía por unha suposta agresión a un menor de idade. De momento a investigación está en marcha e non transcenderon máis datos.
Nos vindeiros minutos, no noso tempo de entrevista, recibiremos ó secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.
E nos deportes, horas previas ó partido do Deportivo contra o Valladolid no que os coruñeses buscarán o ascenso.
Todo nun novo día de calor, e de tormentas, precaución no interior de Lugo porque está activo o aviso laranxa.
Escuchar audio