O Partido Popular denuncia que os orzamentos non cumpren coa legalidade porque non teñen os informes preceptivos fundamentais, como o informe de intervención que garante a súa solvencia.
Outra denuncia é a da organización Alternativas na Xustiza que asegura que ca implantación do novo sistema organizativo, o servizo común de tramitación penal veu minguado o seu persoal en máis do 50%.
E no tempo da entrevista falamos hoxe co director da Escola e Real Bandas de Gaitas de Ourense, Xosé Luís Foxo, sobre as coplas de cego, a forma de informarse cando non había radio nin prensa escrita, cando ler e escribir estaba reservado para unha minoría.
Escuchar audio