O sector do metal incrementa a presión nesta segunda xornada de folga na provincia. Os piquetes levan desde o amencer paralizando a actividades nos polígonos da Coruña, Ferrol e Santiago.
En media hora haberá concentración en Perillo, en Oleiros; ó mediodía manifestacións en Santiago e en Ferrol, con saída de Navantia.
Protestan contra a negativa da patronal a mellorar as condicións do novo convenio. Os empresarios piden que se volvan sentar á mesa.
- Primeira noite de acampada, diante da sede da patronal na Coruña do sector do comercio vario da provincia. Piden priorizar o convenio provincial fronte ó estatal que se negocia en Madrid.
-As confrarías da coruña denuncian o drástico descenso nas axudas da Deputación da Coruña, ó incluirse por primeira vez este ano un réxime especial de mínimos, que está regulado por Europa desde o ano 2014.
-Ecoloxistas denuncian a insalubridade nunha peletaría ubicada en Abegondo que se adica a producción de visóns e que sinalan representa un risco pra saúde publica
Escuchar audio