O Partido Popular esíxelle ó alcalde de Ourense que dea explicacións por rexeitar tódalas enmendas de carácter social que presentaron ó proxecto de orzamentos. Dende a formación afirman que nun momento no que "hai cada vez máis demanda de apoio social por parte de familias e persoas vulnerables é absolutamente incomprensible, insisten, que as rexeite.
O Bloque Nacionalista Galego esixe á Xunta de Galicia o pagamento inmediato das axudas solicitadas polos afectados dos incendios forestais acontecidos en agosto do ano pasado na provincia de Ourense. Os nacionalistas van levar esta iniciativa ó pleno deste venres da deputación provincial porque das 1.300 solicitudes realizadas en Ourense, sobre todo das comarcas orientais, a día de hoxe, abonouse unha porcentaxe moi pequena e a inmensa maioría segue tramitándose. Hoxe falamos hoxe co novo cónsul honorario de México en Galicia, o avogado ourensán Alfonso Pereira. Pereira axudará a impulsar as relacións económicas e culturais entre España e México, pero tamén atender as cuestións administrativas dos cidadáns mexicanos que viven na nosa comunidade. Unha das primeiras tarefas será tratar, desde Galicia, a imposibilidade de homologación dos permisos de conducir entre os dous países.
Escuchar audio