Dixeron que agardarían ó final da campaña en Galicia pra iniciar movementos... E xa teñen data: as organizacións agrarias maioritarias de Galicia sairán á rúa o día 20. E unirán forzas coas de Asturias e Cantabria. Será o comezo dun calendario de mobilizacións que esixe a reforma da PAC e respeto á lei de cadea alimentaria.Nesta ocasión, campo e mar irán da man nas súas peticións. O vindeiro luns armadores, confrarías, e comercializadores xuntaranse pra conformar unha plataforma conxunta. Cren que Europa debe suaviza-las súas esixencias pra garanti-la soberanía alimentaria.