Entramos na recta final da campaña electoral... cunha nova enquisa do CIS sobre a mesa, que prognostica unhas eleccións abertas ó cambio de goberno. O PP podería perder a maioría absoluta, como xa se apuntaba nas dúas edicións anteriores. E o BNG estaría a concentrar o voto no bloque progresista, cun teito de ata 31 escanos. O PSOE perdería apoios, e poderían entrar no pazo do hórreo SUmar, Democracia Ourensana e Vox. Por outra banda, A Xunta electoral de Galicia abre expediente sancionador a Alfonso Rueda, por declaracións electoralistas tralo consello da Xunta no marco do anuncio do pagamento do complemento das pensións non contributivas.