Vai xa unha semana que os aspirantes a gobernar Galicia percorren a comunidade lanzando as súas propostas e mensaxes. Hoxe non tivo campaña o lider do PP, que comparece arestora tralo consello semanal da Xunta. Pero nas últimas horas tivo ocasión de arreciar nas súas críticas ós nacionalistas. Mentres, a lider do BNG, presentaba as súas propostas no eido laboral, e o aspirante socialista recibe o apoio da ministra de ciencia e innovación e o portavoz no congreso do partido...Nalgún caso os actos víronse afectados pola forte borrasca que nos afectou nas primeras horas, que deix sobre todo incidencias no transporte.