Aínda coa resaca do debate electoral na televisión autonómica, as caravanas dos partidos volven a percorrer a comunidade. Este martes, con presenza de todos os candidatos á presidencia da Xunta na nosa provincia. - En Ferrol, a confraría estuda solicitar a limpeza e rehabilitación dunha parte da ría, cun dragado da enseada da Malata, pra conseguir a reactivación do marisqueo. - As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Muxía esixen unha solución definitiva aos reiterados atrasos no abono dos seus salarios- Con motivo do Día de Rosalía, o próximo 23 de febreiro, a Casa-Museo da autora e a Fundación Xistral poñen en marcha unha campaña de promoción do libro galego