Aumenta a tensión no coruñés barrio de Monte Alto. Esta noite a presión de centos de veciños expulsou aos ocupantes dun dos supostos narcopisos logo de horas de protesta- A provincia segue a concentrar boa parte dos actos da campaña electoral deste mércores. Por aquí pasarán hoxe as caravanas de tódolos partidos, coa excepción do BNG.- O goberno central prevé a construción do novo dique de reparación dos estaleiros de Navantia Ferrol que veñen reclamando os traballadores- Este martes comezou a funcionar o hospital de día de saúde mental infanto-xuvenil da área da Coruña e Cee.Esta mañá está previsto que se reactive o dispositivo de busca pra atopar a un home desaparecido tras precipitarse ó mar desde unha embarcación de recreo en O Portiño.O varón, de avanzada idade, ía acompañado por outros dous homes de 70 anos e ocurríu cando regresaban ó dique do Abrigo, logo dunha xornada de pesca, ás seis e media da tarde. O dispositivo de busca está activado por terra, mar e aire. Pola noite quedou suspendido pola falta de visibilidade, pero reactivaráse nestas primeiras horas da mañá