Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 30/01/24
    Satisfacción entre os traballadores das urxencias sanitarias. Sergas e sindicatos pactan abrir diálogo para a negociación sobre o acordo que regula as condicións laborais dos médicos de urxencias. Este levan anos pedíndoo. Será o 20 de febreiro.Isto, nun día no que a sanidade tamén centrou parte dos discursos preelectorais, a dous días de que comece a campaña.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 30/01/24
    Corría o ano 2007 cando se asinou o acordo polo que se rexen os servizos de urxencias hospitalarias galegos. Así o denuncian os representantes dos traballadores, que arestora tratan de conseguir que a mesa sectorail revise as súas condicións de traballo. Falan de salarios, pero tamén de xornadas, e do xeite no que se organizan os servizos, que segundo afirman aumenta o seu colapso. A sanidade tamén está hoxe presente na precampaña, cun anuncio do BNG: ampliar a atención bucodental da atención primaria... De apoio ós residentes no exterior ou estradas falan os outros partidos.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 30/01/24
    Nova proposta para o futuro do tratamento do lixo nos concellos da área coruñesa. A planta de Nostián, coa nova licitación proposta, rebaixaría en 20 euros por tonelada os custos no tratamento dos refugallos. O proxecto presentoullo o consistorio herculino ó Consorcio das Mariñas e axustaríase á lei estatal, que fixa a instalación dun quinto contedor.- O pleno de Santiago aprobar declarar a capital galega como mercado residencial tensionado para facilitar o acceso á vivenda - Os propietarios de inmobles turísticos de Compostela piden unha rebaixa nas limitacións impostas polo concello- O xulgado de Arzúa abre dilixencias penais contra a mina de Touro por posibles delitos medioambientaisAínda en portada, tres mariñeiros foron rescatados tras envorcar o seu barco entre Ribeira e Porto do Son.Foi un dos tripulantes do "Guiomar Un" o que chamou desde o seu teléfono ó 112 pra indicar que sufriran un accidente e que permanecían agarrados ó casco da embarcación.A "Salvamar Regulus" puxo a salvo a dous dos mariñeiros; o outro foi rescatado por outro pesqueiro. Non sufriron ningún dano
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 30/01/24
    Novos anuncios dos partidos políticos de cara as eleccións de febreiro. Rueda promete agora que financiará as actividades extraescolares, Ana Pontón propón impulsar a producción local e Besteiro reforzar o peso da industria. Nada máis comezar a campaña xa van volver a Galicia Núñez Feijóo e Pedro Sánchez.Alcoa: encéndense as dúas primeiras cubas, pero non é garantía de que o proceso de reactivación se faga conforme ó pactado entre a empresa e os traballadores.E, en Ourense, os dous policías, xemelgos, acusados de matar a un compañeiro na comisaría quedan libres por falta de probas
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 29/01/24
    Boa tarde, a catro días da apertura da campaña electoral, os partidos perfilas os seus argumentos. Os pupoulares apuntaron hoxe a que confrontarán directamente con Pedro Sánchez por bloquear importantes asuntos galegos.Os nacionalistas salientan a importancia de dotar ó rural de servizos e os socialistas apostan por reforza-lo sector industrial e a aposta polas renovables dende o control público.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.